Lembra enviar os teus datos

31 may 2012

Becas para recén titulados en FP

A fundación Empresa-Universidade Galega e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxeron en marcha un programa de becas de formación profesional.

Con este acordo, os recen titulados poderían incorporarse a unha empresa entre dous e doce meses, co obxectivo de mellorar a súa cualificación e desempeño preparando a súa futura incorporación ao mundo laboral.

As condiciones máis importantes para que os titulados de este nivel educativo podan concorrer a estas bolsas son:
I. Titulados FP do sistema público educativo de Galicia
II. Menores de 30 anos
III. Menos de 3 anos desde a obtención do título
IV. Non ter traballado profesionalmente
V. Inscritos no servizo público de emprego de Galicia



Para ampliar información sobre o programa de becas, podedes dirixirvos á Fundación no mail sdoce@feuga.es ou nos seguintes teléfonos:




20 sept 2011

Validacións curso 2011/12

Procedemento de validacións
  • Requisitos:
Deberá estar matriculado nun centro docente autorizado e presentar a solicitude de validación perante a dirección do centro educativo dentro dos primeiros 20 días de inicio das clases. No caso de centros privados, a dirección deste dará traslado das solicitudes ao centro público ao que estea adscrito, no prazo de cinco días hábiles.

  • Documentación necesaria:
A solicitude formalizarase no modelo de instancia establecida para tal efecto no anexo XIV da Orde do 12 de xullo de 2011. Acompañarase de:
 
  • Fotocopia compulsada do DNI.
  • Certificación académica oficial dos estudos cursados, segundo o anexo X da Orde do 12 de xullo de 2011 ou de certificado de profesionalidade ou da acreditación parcial a que se refire esta orde.
  • O alumnado que teña estudos universitarios deberá achegar os programas daquelas materias cursadas que podan ser validables polos módulos profesionais.

IMPRESO SOLICITUDE DE VALIDACIÓNS

19 sept 2011

Os vosos datos

Para poder enviaros información necesito ter os vosos correos, procurade cubrir os vosos datos o mais asiña posible, para eso preme na seguinte ligazón
Encher agora o formulario

En cumprimento do disposto na lei 15/1999, do 13 de decembro , de Protección de datos de Carácter Persoal, infórmote que en calquera momento podes exercer o dereito de acceso, rectificación ou cancelación dos teus datos persoais, Para iso envía unha mensaxe a dixitaldpe@gmail.com

16 sept 2011

BOLSAS DE AXUDAS AO ESTUDO PARA O CURSO 2011/12

No BOE do 27 de xullo publícase a convocatoria de bolsas e axudas ao estudo para o
próximo curso 2011-12.
Toda a información desta convocatoria pódese atopar na páxina do Ministerio de
Educación : www.educacion.es
A solicitude atópase no apartado de “trámites y servicios” e haberá que facela por
vía telemática.
O prazo de presentación será até o día 30 de setembro.